VILLALTA, LUISA
Palabras desatadas, palabras dadas coma beixos, palabras atadas que nos fican dentro, palabras torcidas, palabras de conformidade, palabras sen esquinas, palabras desfeitas, palabras definitivas, palabras insultantes
Todas estas e máis, conforman este volume da Poesía inédita e dispersa de Luísa Villalta, que pecha o fresco poliédrico dunha poeta que converte o seu proceso creativo nun constante madurar, onde, devagar, nas súas pólas agroman, cal froitos, a música e as palabras.