VARIOS
Os datos publicados nos últimos anos veñen rexistrando un descenso da presenza do galego nas novas xeracións. Este proceso é máis acusado nos territorios máis dinámicos económica e demograficamente, as cidades e as súas áreas de influencia. A infancia é unha etapa fundamental no desenvolvemento das competencias e do comportamento lingüístico, por iso comeza a ser habitual que as investigacións sociolingüísticas atendan a familia ou a escola como contextos cruciais da socialización lingüística. Porén, son escasos os traballos que entenderon as pescudas fóra destes ámbitos.