PEREZ ALBERTI, AUGUSTO
Trives e unha das portas naturais de entrada nas terras de Queixa. A vila é unha simbiose imperfecta entre vellos e novos tempos. A arquitectura moderna rompe a vella fisonomía de casas de pedra granítica e, pouco a pouco, o núcleo vai perdendo a súa personalidade, ensumida por unhas formas, chamémolas novas, que non se adaptan en absoluto ó contorno. As galerías, dominantes nas casas antigas, son substituídas nas novas por fiestras máis o menos amplas; o aluminio despraza a madeira