Narrativa galego / VERDADE AMARGA, UNHA

VERDADE AMARGA, UNHA

VERDADE AMARGA, UNHA

DIAZ NUÑEZ, CELIA

18,60 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2017
Materia
Narrativa galego
ISBN:
978-84-9151-059-8
Páxinas:
360
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA
18,60 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos


Cando Daniel Pereria inicia os trámites para presentar unha demanda de paternidade contra Aurelio Salgado, a vida das dúas familias verase radicalmente trastornada. Pilar e Carlos, por un lado, Daniel e Silvia, polo outro, buscarán xustificación á súa conduta, que remite a amores e desencontros, débedas pendentes, culpas non purgadas e aldraxes amoreadas en moitos anos de silencio. Entremedias, dous rapaces, Alberte e Marta, vítimas tamén dunha guerra que non é a súa. E Aurelio, paso a paso privado de recordos, sabe que avellentar é mirar atrás e enfrontarse a un pasado onde ás veces custa recoñecerse. Ao cabo, os vellos segredos de familia sempre acaban por aflorar, porque nin o amor nin o rancor poden agocharse eternamente. Unha historia sobre a identidade e a memoria.

Artigos relacionados

  • LEI DAS ÁNIMAS, A. A NOVELA DA SANTA COMPAÑA
    G.REIGOSA, CARLOS
    O detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde son testemuñas abraiadas dunha pescuda apaixonante e misteriosaUn caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama.En A lei das ánimas, Carlos G. Reigosa desenvolve unha intriga si...
    Dispoñible

    20,55 €

  • CHAMADEME SIMBAD
    CASTRO VELOSO, FRANCISCO XOSE
    O avó é un pirata que non lembra nada. Paulo, un mariñeiro que vive as aventuras con el. Unha nube de desmemoria cóbreo todo na mente do avó. Hai piratas por todas partes en forma de adultos que non entenden nada. Só Paulo, coa súa ollada de enno, pode enterder o avó... ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (CARTONE)
    NEIRA VILAS, XOSE
    O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libro máis lido e o máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928), recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...] Ninguén me di para que serven as estrelas n...
    Dispoñible

    22,35 €

  • OITO DIAS SEN EVA CORTES (V PREMIO ILLA NOVA NARRATIVA 2021)
    VILA ALONSO, SARA
    PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2021A desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos. Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha inform...
    Dispoñible

    18,50 €

  • DIAGONAL DOS TOLOS, A (PREMIO REPSOL 2014)
    LOPO, SANTIAGO
    VIII Premio de Narrativa Breve Repsol 2014Correr. Vivir. Sobrevivir. Unha persoa atravesa a pé a illa da Reunión, no Océano Índico. Por que corre? Cumprirá o seu obxectivo? Os ritmos africanos do maloya van marcar a cadencia desenfreada dunha carreira que agocha un segredo terrible e escuro. Santiago Lopo desvela os misterios da antiga Îlle Bourbon, nunha novela que engaiola de...
    Dispoñible

    20,55 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (B.N.VILAS)
    NEIRA VILAS, XOSE
    Velaquí unha das obras que fundan a narrativa galega contemporáneaO que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libros máis lido e máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...]Ninguén m...
    Dispoñible

    14,40 €

Outros libros do autor

  • ESTRELA PARA AMINA, UNHA(PREMIO O FACHO DE TEATRO INF.2019)
    DIAZ NUÑEZ, CELIA
    Unha estrela para Amina é un fermoso conto contado por unha boneca que conta o que nunca se contou. Fala desas guerras invisibles, desas persoas que están refuxiadas e das que ninguén quere saber. É unha historia de tenrura e de valentía. De luz no medio da escuridade. Unha boneca inesquecible nunha historia inesquecible ...
    Dispoñible

    12,55 €

  • AVOA CANTA COMO A COTOVIA, A (CANTAREIRAS LETR. GAL. 2025)
    DIAZ NUÑEZ, CELIA
    Cantareiras. Letras galegas 2025.Accésit Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2024.Lembro ben a primeira vez que a avoa Oliva me cambiou o nome.E así unhas veces son Adrián e outras Toño. A avoa está feliz e eu tamén. Sobre todo porque agora sorrí moito máis, e ás veces canta cantigas que non coñezo. Pois o que máis lle gusta á avoa, sen dúbida, é cantar. Mamá di que cant...
    Dispoñible

    12,75 €

  • BOCA DO MONTE,A
    DIAZ NUÑEZ, CELIA
    Hai xestas que parecen imposibles de facer. Pero fanse.E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ...
    Dispoñible

    15,50 €

  • FACES DO DIAMANTE, AS
    DIAZ NUÑEZ, CELIA
    Unha anciá que camiña con zapatillas rotas, unha rapaza rescatada dun colector do lixo, un ancián que se esforzou por cumprir un xuramento que non debeu pronunciar, un rapaz que toca o tambor e fai bolboretas de papel, unha moza boliviana que non quere ser moeda de cambio de ninguén, unha rapaza que ceba o mate nunha noite de choiva e fastío ou unha nena xudía no gueto de Varso...
    Dispoñible

    18,55 €

  • RUGANDO OU O MISTERIO DO CUARTO SECRETO
    DIAZ NUÑEZ, CELIA
    Dispoñible

    14,90 €

  • CORTE E CONFECCION
    DIAZ NUÑEZ, CELIA
    Dispoñible

    15,90 €