VOCES AMADAS, AS

VOCES AMADAS, AS

DIEGUEZ, LOIS

21,55 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-9151-972-0
Páxinas:
462
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA
21,55 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Poderías imaxinar, espertando unha mañá, mudado nunha cascuda enorme ao xeito do mestre Kafka. Ou, se non, entrando no tempo noso, mañá mesmo, trocado nun xigantesco e escuro móbil apertado a ti na cama estreita, afogándote mesmo, asfixiándote, sen que te puideses librar del, con milleiros de voces asaltándote, anguriándote, nunca facéndote feliz.
Imaxina… Ou non, non imaxines, emite tan só unha palabra, varias, unha frase: eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes vontade. Fala, sente.
Daquela, esta é a túa salvación, a túa liberdade, mellor. Sinte todo o que os humanos podemos sufrir ou gozar por nós mesmos. Ser humanos. Ser galegos e galegas; cidadáns, así, do mundo. Le, pois, as personaxes de As voces amadas para sentirte, coma eles, libre ou escravo, ou diferente, e crear saíndo das regras da propia novela ou sociedade, aquelas aventuras que sempre pensaches, as que nunca fuches quen de conseguir agarrar coas túas mans, co propio cerebro enferruxado. Quizais. Vive, pois, por ti mesma, acaso de xeito distinto, estes personaxes de As voces amadas. Sé ti mesmo, sé ti mesma, na recreación.
E, despois, se queres, falamos.

Artigos relacionados

  • AMOR, O ODIO E A IGNORANCIA, O
    FERNÁNDEZ BLANCO, MANUEL / CALLÓN CARLOS
    Manuel Fernández Blanco é un psicanalista cunha longa traxectoria na atención individual, mais tamén un psicanalista cidadán, atento aos síntomas da vida colectiva. O profesor Carlos Callón propúxolle esta conversa para, nunha linguaxe próxima, pensar os malestares do noso tempo. De Umberto Eco a Shakira, de Ed Sheeran a Pilar Pallarés, de Fernando Pessoa a Donald Trump, unha s...
    Dispoñible

    20,50 €

  • NO DIA DO SEU ENTERRO
    PATO, CRISTINA
    A raíz da inesperada morte do seu pai, as irmás Raposo comezan unha viaxe vital que as leva a descubrir as múltiples realidades da cidade de Ourense en que se movía o seu pai.No día do seu enterro é unha novela sobre o poder da palabra, sobre a nobreza dos invisibles e sobre as verdades non contadas. Unha conmovedora historia sobre o que significa reconstruír a vida para poder ...
    Dispoñible

    16,45 €

  • MISERIA, A (PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2026)
    QUINTIÁ, XERARDO
    No medio dunha cidade ateigada de guindastres onde os edificios non paran de crecer, A miseria amósanos a físgoa pola que, nun determinado momento, todo se vén abaixo, nomeadamente para os máis febles. Como forma de procurar a beleza e de afrontar a debacle, o narrador enfócase nos pequenos detalles coma se fosen luminarias. Así, nesta novela de fonda sensibilidade humana, o pe...
    Dispoñible

    17,10 €

  • MORGANA EN ESMELLE
    CAAMAÑO, BEGOÑA
    LETRAS GALEGAS 2026PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA AO MELLOR LIBRO DE NARRATIVA 2012PREMIO AO MELLOR LIBRO DE FICCIÓN PARA A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES 2012PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ 2012PREMIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA AO MELLOR LIBRO DE NARRATIVA 2012Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artú...
    Dispoñible

    19,50 €

  • NACIONAL 547 (IV PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2026)
    DE CEA, XOSÉ
    Nacional 547, máis que unha estrada, é a vea aberta pola que se desangra en arelas e frustracións a vida dun adolescente na Palas de Rei dos anos oitenta. O mozo retorna coa súa familia, desde a diáspora xarnega, no barcelonés barrio de Horta, a unha vila rural que para el será un territorio de exilio cuxas coordenadas lle resultan incomprensibles. Atoutiñante e desorientado, i...
    Dispoñible

    19,80 €

  • DOS AFECTOS, O RÍO (PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2026)
    RUVIRA, SOFÍA
    Volver á casa dos avós parecía unha forma de honrar o pasado e a memoria dos seus.Unha xornalista regresa á vila familiar na procura de respostas e atopa caixas cheas de cartas, documentos e lembranzas dunha historia que apenas coñecía: a dun avó que loitou pola súa xente e polo río, que se enfrontou ao poder e que chegou a converterse nun símbolo para a veciñanza. Pero investi...
    Dispoñible

    18,80 €

Outros libros do autor