VARIOS
Repensar Galicia, Poxectar Galicia, facer Galicia. E non só como cultura, como fin, como creación colectiva de valores, senón como economía, medio ou base da nosa supervivencia e desenvolvemento material, e como política, ou vontade de acción libertadora no dobre sentido de acadar o recoñecemento dos nosos dereitos e poderes propios de pobo diferenciado e de subordinar ou encamiñar aquela base material á organización dunha convivencia social máis xusta e á realización final daqueles valores culturais.
E penso que este labor - no que empeñamos con ardimento e gozo entusiasta, a nosa vida enteira- foi un exemplo humano, vivencia e expresión, de irmandade galeguista, de solidario e compenetrado traballo n equipo, dentr do cal a miña aportación, foi máis ben a de proxectista ou ideador, deseñador de iniciativas e realizacións, que non valerían ren sen o valemento e a sustenctación esencial do pensamento creador, a prudente sabedoría e o rigor ético de Ramón Piñeiro, e da enerxía vital e rexa, da lucidez apaixonada e da eficacia operativa de Paco del Riego, xunto con outras moitas e valiosas axudas.
Xaime Isla Couto. Construír Galicia