FRAGUAS FRAGUAS
A terra de Cotobade no val medio do río Lérez e na totalidade do seu afluente, o Almofrei, que se xunta ó primeiro pasadas o Ponte de Bora. Son terras vellas de granito gneis, micas e croios, achegadas ós derrames do Seixo, que vai de Caroi deica Cobelo, axustado os vales do Barbeira e Verdugo, enlazado ó Caveiro distribuindo así as augas para o Lérez, Almofrei, Verdugo e o Barbeira, afluente seu, ademais do río Calbelle que recolle as augas de valongo de Aguasantas na súa maior parte.