VARIOS
Son escasas as páxinas que se teñen escrito a respecto de Santa María de Tomiño e, especialmente, Santa Baia de Donas. Fronte á grandeza de mosteiros como Celanova, Oseira, Sobrado ou Samos, podería semellar que dúas pequnas abadías femininas como as que aquí se presentan pouco de relevante haberían de achegar ao coñecemento do monacato, da sociedade ou de calquera outra das grandes liñas históricas da Galicia medieval. A colección documental que neste volume se recolle demostra, porén, o contrario.