VARIOS
A Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega traballa na consecuación de debates e accións encamiñadas a facer pensar desde e fronte ás artes visuais na actualidade. A presente publicación recolle as reflexións que tiveron a súa orixe nas xornadas que, co mesmo título ARTE + PINTURA, reuniron no ano 2014 a destacados profesionais que son protagonistas dos cambios acaecidos na pintura nas últimas décadas.