CASTRO, ROSALIA DE
CANTARES GALLEGOS é o primeiro libro da época contemporánea redactado integramente en galego. A súa publicación en 1863 marca un fito na historia da reivindicación de Galicia e supón o inicio da literatura galega moderna. Desde un punto de vista literario, Cantares é o resultado da experimentación coas formas líricas populares inducida pola difusión en España dos lieder xermánicos. María Xesús Lama, responsable desta edición de Cantares gallegos, explica na Introducción as circunstancias políticas, culturais e literarias que rodearon o nacemento do libro e estudia as súas principais características lingüísticas e literarias.