CORPOS DOS ROMANOV, OS (PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2022)

CORPOS DOS ROMANOV, OS (PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2022)

RAMOS, ALBERTO

17,60 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-9151-953-9
Páxinas:
168
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA
17,60 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Premio DE NARRATIVA BREVE Repsol 2022
Dous homes entran nun bar. Non se coñecen, nunca cruzaron palabra e non poden sospeitar que, cinco días despois, un morrerá a mans do outro. Niso terá moito que ver unha muller, Carol Kembler, a irmá dunha nena desaparecida trinta anos atrás. E un suceso insólito: a evacuación de Augsburgo durante o Nadal de 2016 ao descubrirse unha bomba da Segunda Guerra Mundial que non estourara.
A cidade baleirada devorará a Matthias Lentz, a Wilhelm Wegener e á propia Carol nunha novela sobre o cruzamento involuntario de vidas e pasados, as cicatrices mal disimuladas do trauma e o silencio agreste do que permanece oculto. Pero tamén sobre o azar que move o mundo e os campos de minas que poden chegar a ser certas familias.
Cun estilo literario inconfundible, ao tempo fráxil e punxente, Alberto Ramos constrúe en Os corpos dos Romanov unha intriga cativadora que atrapa a quen le na recámara onde cada segredo terrible agarda a súa detonación.

Artigos relacionados

  • OBRA DRAMÁTICA INÉDITA EN CASTELÁN. CLARA-HELENA-LA MADRESELVA
    OTERO PEDRAYO, RAMÓN
    Manuel F. Vieites achéganos tres textos dramáticos inéditos de Ramón Otero Pedrayo —Clara, Helena e La madreselva — escritos en castelán, onde, cando menos un deles, antecede o comezo da súa carreira literaria en lingua galega, cara a1929, e supoñen o inicio da súa traxectoria como escritor. ...
    Dispoñible

    18,50 €

  • BUSCANDO A DALIA
    FERNÁNDEZ, MIGUEL ANXO
    Hai un cadáver cun versículo na boca e aparencia de crime ritual. Nese macabro contexto desaparece a investigadora Dalia Maxino cando traballa no caso, e Frank Soutelo pasa á acción coa axuda do sarxento da policía municipal, Franeiras, e o antigo garda civil, Poncio. Todo se complica coa aparición doutro cadáver e a sospeita de que Dalia non sexa a única muller desaparecida. A...
    Dispoñible

    21,50 €

  • AGONIA DAS FOLERPAS, A (II PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2022)
    REBOIRAS LOUREIRO, OSCAR
    A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas.Unha noviña xornalista chega por casualidade ao lugar. O que en principio é un achado arqueolóxico, convértes...
    Dispoñible

    26,10 €

  • NAILIA (PREMIO TORRENTE BALLESTER NARRATIVA LINGUA GALEGA 2024)
    RODRIGUEZ RODRIGUEZ, LOLI
    PREMIO TORRENTE BALLESTER 2024. Nailía é unha historia de historias. De amor, desamor e rancor; de superación, de esperanza e de perdón.Lía, a protagonista, nai e avoa, coidadora, tantas veces vagalume na escuridade para os seus, vai guiándonos por un universo de mulleres diferentes, de personaxes vulnerables, entrañables, mentres loita por non perderse no camiño. A pesar dos a...
    Dispoñible

    21,70 €

  • MULLER DE MENTIRA, A (PREMIO GARCÍA BARROS 2026)
    COLLAZO LOPEZ, IRIA
    Sempre fun transparente. As miradas atravésanme: non existo. Nunca ninguén me tomou en serio. O meu tempo de comprender chegou tarde, coma se a miña vida anterior fose un ensaio; un simulacro que me preparase para o derrubamento que me esmagou despois. A xente non me cre, non resulto verosímil. Son un animal imaxinario; un personaxe de conto; unha muller de mentira.Premio Garcí...
    Dispoñible

    16,50 €

  • LINGUA ESTRANXEIRA, A (PREMIO DA CRITICA NARRATIVA GALEGA 2022 E OJO CRITICO NARRATIVA 2023)
    BRAIS, LAMELA
    Dous mozos pérdense por unha terra allea na procura dun antigo asentamento colonial. Mentres foxen dos incendios e buscan acubillo en hoteis perdidos na selva, unha fráxil intimidade xorde entre eles, sempre ameazada pola posibilidade de que cada palabra signifique o contrario do que parece.Esta viaxe é a porta de entrada a un mundo narrativo expansivo e único: un viaxeiro deci...
    Dispoñible

    22,50 €

Outros libros do autor

  • PIROTECNIA (PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2024)
    RAMOS, ALBERTO
    Premio DE NARRATIVA BREVE Repsol 2024Cando a Pirotecnia QuiGarSA estoura, parte da súa cuberta aterra a case dous quilómetros de distancia e a onda expansiva absorbe o aire que a rodeaba.E o aire é o que lles falta aos homes e mulleres protagonistas desta novela coral, onde asistimos aos efectos que tan tráxico suceso causa na familia propietaria da pirotecnia, nos veciños da v...
    Dispoñible

    16,55 €

  • MASCARAS ROTAS PARA SEBASTIAN NELL (PREMIO G.BARROS 2014)
    RAMOS, ALBERTO
    Ao final da súa vida, e tras recibir o diagnóstico do alzhéimer, o actor británico Sebastian Nell concédelle unha única entrevista a xornalista Rebecca Graham. ...
    Dispoñible

    27,40 €