SARMIENTO, MARTÍN
O proxecto Obras de Martín Sarmiento do COnsello da Cultura Galega fólgase en dar a lume o Discurso crítico-botánico sobre el vegetable gallego seixebra - tamén denominado polo autor Papel sobre el vegetable seixebra. Este texto, redactado en 1762, é a monografía máis extensa do autor sobre un aspecto concreto da historia natural, e constitúe un dos escritos máis sistemáticos, máis coidados e mellor rematados dos que saíron da súa prolífera pluma. Neste volume ofrécese o texto de Sarmiento precedido de cadanseu estudo de Henrique Monteagudo e María Álvarez Lires, e ilustrado polas notas de Xosé Antonio López Silva. A publicación desta obra debe servir para chamar a atención sobre os seus traballos botánicos, mercentes de maior recoñecemento e estudo dos que ata agora foron obxecto.