LEMA SUAREZ, XOSE MARIA
Toponimia de Zas afonda nas orixes etimolóxicas de 117 lugares e máis de vinte espazos xeográficos de interese de Zas, o máis interior dos tres concellos que conforman a Terra de Soneira. Boa parte ds topónimos estudados son únicos en Galicia, algúns teñen etimoloxías discutidas e outros, orixes escuras e mesmo enigmáticas. Xosé Mª Lema é correspondente da Real Academia Galega, membro do Seminario de Onomástica e da Asociación Galega de Onomástica e preside o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.