SANCHEZ ABAL, LUIS
Unos años de emigración en Buenos Aires (1917) constitúe a primeira obra en prosas de Luis Sánchez Abal. Encadrábel no xénero da novela de quiosco, e con claras inspiracións autobiográficas, descríbese nela a andaina vital dun novo inmigrante, Aurelio Monterrey, quen traballa primeiro no comercio e despois tenta conseguir un oco no panorama literario e xornalístico.