MONTEAGUDO, HENRIQUE / VILLARES, RAMON
O ano 2023 cumpriuse o centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG), unha iniciativa que tivo un percorrido tan breve como brilante (1923-1936), ata o punto de ser recoñecido como un fito na modernización tanto da cultura galega coma da propia universidade. O dito centenario ofreceu unha ocasión idónea para realizar un balance da súa significación na historia científica, intelectual e cultural de Galicia, na maduración da súa concepción como nación europea e na reivindicación do galego como idioma culto e plenamente desenvolvido.