VAQUEIRO, VITOR
O propósito do presente libro é actuar unha vegada mais -se cadra, inutilmente- encol deste terreo, levando a cabo un desenrolo poético verbo do mito, desenrolo que se tenciona desdobrar en duas verquentes: por unha banda a da actuación sobor do mito tradicional, a da actuación sobor desa realidade imaxinaria, ben da Antigüedade clásica (Edipo, Ulises), ben doutras mitoloxías (hindús, bíblicas, escandinavas); por outra, a análise, a pervivencia do mito, a dualidade existente entre o case amuruxado amor a el e a non menos amuruxada e perpetua necesidade da súa violación.