GRIAL / GRIAL 245 (X.F.M.2025) CULTURA, ARTES E IDENTIDADES. I FORO GRIAL

GRIAL 245 (X.F.M.2025) CULTURA, ARTES E IDENTIDADES. I FORO GRIAL

GRIAL 245 (X.F.M.2025) CULTURA, ARTES E IDENTIDADES. I FORO GRIAL

VARIOS

15,00 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2025
Materia
GRIAL
Páxinas:
172
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
GRIAL
15,00 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

I Foro Grial. Cultura, artes e identidades

María López Sández // Agar Ledo

Hai 75 anos, en 1950, botaba a andar Editorial Galaxia, acendendo unha luz na noite do franquismo para manter acesa a cultura en tempos hostís de persecución e sometemento. Transcorreron desde entón 75 anos onde Galaxia asistiu á fin da ditadura, ao comezo da democracia, á transición política e á aprobación do Estatuto de Autonomía, á promulgación da Lei de normalización lingüística e aos cambios sociais que mudaron o prestixio e a percepción social da lingua e a cultura galegas ao tempo que determinaron un declive no uso do galego.

Conmemoramos os 75 anos transcorridos ollando cara adiante. Outro é hoxe o contexto e outros os desafíos. Entrados xa no século XXI, do que transcorreu o primeiro cuarto, atrevémonos a imaxinar a Galicia do futuro, a Galicia do ano 2050 en que se cumprirá un século da creación de Galaxia.

Os Foros Grial irán sucedéndose este ano de conmemoración, e o primeiro tivo como eixo vertebrador esa ollada prospectiva que, desde o pensamento, quixo enfrontar os problemas e desafíos que determinarán a cultura galega no próximo cuarto de século. Como será a Galicia de

2050? En que contexto celebraremos o centenario da creación de Editorial Galaxia? O museo de Pontevedra foi o escenario escollido para este primeiro Foro Grial. Alí nos acolleu a directora, Ángeles Tilve Jar, e puidemos escoitar o discurso conmemorativo de figuras clave de Galaxia, como Xosé Manuel Soutullo e Henrique Monteagudo.

Convidado a pensar a Galicia de 2050, Germán Labrador parte da célebre frase de Castelao, en que a posibilidade dunha cultura que traballe pola emancipación individual e colectiva se enfronta a unha cultura que traballa para a neutralización e o ensimesmamento. Ante esta dicotomía pregúntase polos horizontes da sociedade e da cultura galegas nun contexto de crise ecosistémica, cambio xeopolítico e peche autoritario dos Estados europeos. Asumindo que non hai resistencia que non sexa afirmativa, o pensador interrógase sobre as resistencias que están (ou non) a atopar estas transformacións aceleradas e o que isto significa. Analiza daquela como falan e como se articulan esas posibles liñas de tensión, así como os diálogos que se establecen cos mundos invisibles do pasado e outros presentes existentes no noso momento histórico, non necesariamente visibles nin  evidentes  nas  definicións máis  estendidas de cultura que hoxe temos. Afronta, en suma, o papel que podería ter un acompañamento institucional virtuoso, cómplice e non anestesiado, nesta encrucillada de emerxencias.

A continuación, Manuel Olveira pregúntase polos futuros perentorios e os pasados inacabados. O futuro preséntase metaforizado na fábula do asno e a cenoria, configurándose sempre diante da man máis inalcanzable. No sistema da arte, como noutros moitos eidos, o entusiasmo e a promesa que nos levou a empeñarnos en mirar cara adiante deixaron non só algunhas áreas desatendidas, senón tamén pasados completamente inacabados. Cómpre, pois, imaxinar ou proxectar o futuro doutra maneira tendo en conta pasados que aínda nin se atenderon nin se cumpriron: a emigración, a ditadura e a transición, mais tamén a subalternidade, a repolitización e democratización da sociedade, a produción de relatos arraigados no contexto e o fortalecemento da estruturas da arte. E ante nós perfílanse futuros perentorios: a sustentabilidade fronte ao cambio climático e ao crecemento inasumible da produción e do consumo; a crise do Estado social e o auxe de novos autoritarismos; as imposicións do mercado e as constricións para xerar e manter unha esfera independente que propicie prácticas artísticas reparadoras e emancipadoras. Estes pasados inacabados e futuros perentorios están a reclamar respostas para que a arte poida ser un espazo de transformación con calado social.

A conversa entre Carme Adán e Lourdes Méndez articúlase arredor da pregunta “Existe a comunidade?” A problemática das identidades, desde o social ao subxectivo serviu de núcleo articulador da conversa entre dúas pensadoras contemporáneas que entenden que construír comunidades esixe manter —ou reconstruír— relacións e obrigas sociais: dar, recibir, devolver. Para pensar o futuro cómpre establecer onde e con quen o pensamos, sen esquecer a transmisión interxeracional dos coñecementos teóricos e dos saberes prácticos.

A cultura e a arte foron sempre ferramentas de interpretación e de intervención, de construción da identidade e conservación da memoria; mais tamén, asemade, de exploración prospectiva do futuro. E isto é probablemente máis radicalmente certo en contextos, coma o noso, onde a marca da subalternidade fai da cultura un modo de resistencia, de loita por afirmarse e existir. Fronte ao eterno presente que caracteriza o noso tempo, a imaxinación érguese como unha ferramenta para a construción de alternativas e novos imaxinarios para un mundo mellor. O inmobilismo ancóranos nun momento de crises climáticas e civilizatorias, de guerras, refuxiados, pandemias, acumulación e finitude de recursos. Imaxinar o futuro configúrase así como unha resistencia afirmativa que nos obriga a repensar o mundo no que vivimos para poder imaxinar outros escenarios.

Non se trata só de pensar unha Galicia ou un mundo contrafactual, senón de abrir o que, en palabras de Ramón Piñeiro, constitúe auténticas olladas no futuro.

"Esta revista recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura, a través da Dirección Xeral do Libro, do Comic e da Lectura"

Artigos relacionados

  • GRIAL 248 (O.N.D.2025) COMUNICACION E NOVAS TECNOLOXIAS
    VARIOS
    "Esta revista recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura, a través da Dirección Xeral do Libro, do Comic e da Lectura" ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • GRIAL 247 (X.A.S.2025) IMPACTO SOCIAL DA CIENCIA E DA TECNOLOXIA. III FORO GRIAL
    VARIOS
    "Esta revista recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura, a través da Dirección Xeral do Libro, do Comic e da Lectura" ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • GRIAL 241(X.F.M.2024) LUISA VILLALTA A POETA DA CIDADE ALTA
    VARIOS
    OS OLLOS LIMPOS DA SIBILALuísa Villalta Gómez (A Coruña, 1957-2004), a quen a Real Academia Galega lle dedica neste 2024 o Día das Letras Galegas —co que se une á curta nómina de mulleres que foron homenaxeadas: Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021)—, foi unha intelectual completa e mult...
    Dispoñible

    13,50 €

  • GRIAL 244 (O.N.D. 2024) REPENSAR O HUMOR DE FERNANDEZ DE LA VEGA
    VARIOS
    Unhas letras para CilistroMARÍA XESÚS VÁZQUEZ LOBEIRASO conxunto de estudos que se abordan neste monográfico de GRIAL que pecha o ano, comprende traballos de persoas que nos dedicamos á filosofía universitaria e, con máis ou menos fortuna, tamén á tarefa de pensar, ben que con tan escasa coma non indesexable repercusión fóra das nosas aulas e das nosas vidas. Hai tamén un cuart...
    Dispoñible

    13,50 €

  • GRIAL 243 (X.A.S.2024) DO CAOS A CONCORDIA. O DESAFIO DA CONVIVENCIA
    VARIOS
    Conflitos globais e locais. Da inseguridade internacional á cotidianidade ignoradaGrial PargaA serie de televisión británica Years and Years (2019) imaxina unha historia contemporánea atravesada por infinidade de conflitos. O grupo protagonista é unha familia ampla, desde unha bisavoa que non para de asombrarse coas novas tecnoloxías (pero que as usa) ata uns bisnetos que ansía...
    Dispoñible

    13,50 €

  • GRIAL 242 (A.M.X.2024) UNHA GALECIA MAGNA?
    VARIOS
    Ramón Villares:Na súa intervención no acto de investidura como doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela (marzo de 2023), o filólogo portugués Ivo Castro evocou a figura dun dos seus mestres universitarios, Joseph Piel, profesor a quen, malia ser “tedesco” de nación, considerou “que é moito máis galego e portugués que alemán”. O motivo de traer a conto o ...
    Dispoñible

    13,50 €

Outros libros do autor

  • OSMO CONCELLO DE CENLLE. ESTUDO PARA A INTERVENCION NO MEDIO RURAL
    VARIOS
    ESTUDO PARA A INTERVENCIÓN NO MEDIO RURAL. A través destas páxinas, un prestixiosogrupo de arquitectos analiza a estructura dos casais, o manexo tradicional da auga e a relación histórica entre os asentamentos e a paisaxe do Ribeiro. o obxectivo é claro e ambicioso: que a intervención en Osmo se converta nun modelo de referencia para os sucesivos plnas de dinamización que dese...
    Dispoñible

    35,36 €

  • CULTURA IMPRESA: MATERIALIDADES, PARADIGMAS E RETOS EPISTÉMICOS
    VARIOS
    Velaquí recollidos, a modo de monografía, os textos presentados no XXIVSimposio do Instituto da Lingua Galega, CUltura impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos, título que este volume fai propio e que atende a un fenómeno rechamante, que foi agromando paseniño nestas últimas décadas. Estámonos a refereir á puxante emerxencia dun campo de estudos sobre a cultura i...
    Dispoñible

    20,00 €

  • TUI 1900-1936
    VARIOS
    A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou “peineta” que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron ...
    Dispoñible

    26,00 €

  • ARREDOR DO XACOBEO. DISCURSO DAS ACADEMICAS E ACADEMICOS NUMERARIOS DA ACADEMIA XACOBEA 2016-2024
    VARIOS
    A Academia Xacobea nace no ano 2017 incorporando académicos e académicas de distintas universidades de Galicia, do resto de España e de Europa. Promovemos a súa creación oito persoas coñecedoras do Camiño de Santiago e da súa importancia histórica na construción europea, conscientes da necesidade de contar cunha institución independente, de dereito público e sen ánimo de lucro,...
    Dispoñible

    32,80 €

  • DA FALA AO PRELO (ANEXOS BRAG 12)
    VARIOS
    Agora que a Real Academia Galega cumpre 120 anos de vida é unha boa ocasión para darmos a coñecer parte do valioso material bobliográfico que se conserva na nosa institución, presentando un catálogo alfabético dos libros e dos folletos existentes na Biblioteca da Academia que foron publicados entre os anos 1800 e 1936 e que conteñen textos escritos en galelo ou ben que tratan d...
    Dispoñible

    18,00 €

  • 8 ENSAIOS SOBRE ROSALIA
    VARIOS
    Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito  innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego, e por extensión, tamén da súa sociedade, grazas a Biblioteca 75 anos. O novo volume desta colección, recupera os 7 ensaios sobre Rosalía, p...
    Dispoñible

    23,00 €