GRIAL / GRIAL 242 (A.M.X.2024) UNHA GALECIA MAGNA?

GRIAL 242 (A.M.X.2024) UNHA GALECIA MAGNA?

GRIAL 242 (A.M.X.2024) UNHA GALECIA MAGNA?

VARIOS

13,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2024
Materia
GRIAL
Páxinas:
152
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
GRIAL
13,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Ramón Villares:
Na súa intervención no acto de investidura como doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela (marzo de 2023), o filólogo portugués Ivo Castro evocou a figura dun dos seus mestres universitarios, Joseph Piel, profesor a quen, malia ser “tedesco” de nación, considerou “que é moito máis galego e portugués que alemán”. O motivo de traer a conto o nome de Piel é porque acuñou un concepto que, coma se dun “Schengen lingüístico” se tratase, definía plenamente a vella realidade galega e portuguesa, por riba de fronteiras políticas. En palabras do propio Piel, este é un concepto “xeográfico-lingüístico, que corresponde á área de individualidade lexical e fonética do Noroeste ibérico”, que denomina Galecia Magna ou Maior, que sería o lugar ou núcleo orixinario histórico do galego-portugués.Con independencia do seu significado filolóxico, tomo aquí este concepto como unha axeitada metáfora para reflexionar sobre semellanzas e identidades dunha extensa rexión que abarcaría a actual Galicia e a Região Norte de Portugal, en cuxa definición se mesturan criterios lingüísticos con criterios históricos e xeográficos, alén de diversas formas institucionais.

Alén de considerar estas razóns histórico-culturais, sería pertinente preguntarnos polas propostas políticas que, en tempos máis recentes, tentaron achegar estas rexións atlánticas, transformando a proximidade cultural e lingüística nunha solución política de novo cuño, que tería como principal expresión a superación das vellas —e nunca logradas— propostas de “reintegracionismo” de parte galega e de “irredentismo” de parte portuguesa. A alternativa aberta polos réximes democráticos e pola integración conxunta dos estados ibéricos nas Comunidades europeas permitiu apostar de forma decidida pola solución da cooperación transfronteiriza. O resultado foi a creación dunha Eurorrexión, amparada polas políticas de desenvolvemento rexional e de cohesión territorial da Unión europea, que, desde finais dos anos oitenta, experimentou unha evolución moi acelerada.

Para abrir un debate desde esta perspectiva foi pensado este monográfio, onde que as súas colaboracións permiten reflexionar tanto sobre os obxectivos que alcanzar como sobre as pontes que se deben trazar para dotar de contidos a conversa eurorrexional. O primeiro obxectivo sería definir a “cousa”, é dicir, a existencia dunha Eurorrexión, asentada nun espazo atlántico moi poboado e con semellanzas moi evidentes, pero que carece dunha forma institucional definida que supere a cooperación transfronteiriza e que, en consecuencia, poida avanzar cara á construción de plataformas de cooperación institucional e de alianzas concretas no marco ibérico e europeo. O segundo aspecto é encontrar un “nome” denotativo para esta realidade territorial e política ou, dito de modo máis poético, ao modo da Agustina Bessa-Luis, indagar sobre a “alma” que debe marcar unha posible identidade tanto dun territorio eurorrexional como dunha comunidade imaxinada por parte dos seus habitantes. En ambos os problemas, a idea da Galecia Magna pode servir de referente e de apoio

Sobe esta metáfora da Galecia Magna, de orixe claramente filolóxica, pero que pode ser de utilidade para adoptar un nome que defina o conxunto da Eurorrexión, espazo onde conviven realidades territoriais que carecen dunha expresión política e cultural específica. Poderían apoñerse algunhas razóns útiles para camiñar, por máis utópico que pareza, nesta dirección. A primeira, e non menos importante, é que permite reconducir á súa orixe tanto o reino de Galicia como o norte de Portugal, ao chamar a atención sobre o valor de Gallaecia e non de Lusitania, como auténtico berce de Portugal. O lusitanismo (nas súas diferentes expresións) encarnou unha idea de portugalidade fortemente desenvolvida, nos tempos contemporáneos, pola Primeira República portuguesa e, nomeadamente, polo salazarismo, que non tiña en conta a diversidade cultural e institucional de Portugal no seu conxunto. Idea que se mantén en vixencia, entre outros escaparates singulares, no concepto lingüístico da “lusofonía”, quizais por inspiración francesa. Mais este é outro debate.

Unha segunda razón apúntana varios dos textos aquí recollidos, que é o recoñecemento da identidade rexional do norte portugués, o que cadraría ben coa de Galicia. Como sinala Inês Gusman, o Norte “enfrenta resistências para ser reconhecido como unha realidade regional efetiva”, debido ás trabas que, desde 1982, en materia rexionalista, apareceron entre os dous grandes partidos políticos, PSD e PS. Fronte a estas resistencias, moitos dirixentes políticos norteños decláranse abertamente a favor dunha idea rexional de Portugal, como argumenta polo miúdo Luis Braga da Cruz, promotor dun Círculo de Estudos do Centralismo, e doutras iniciativas favorables á rexionalización, no seu libro Crónicas do Douro… e outros temas (2022), prologado por Miguel Cadilhe, outro entusiasta rexionalista. O propio presidente da CCDR-N, António Cunha, recoñece na entrevista que aquí se publica, que a existencia dun forte “organo de xestión rexional” no Norte é un modo de construír no só a Eurorrexión, senón a propia Europa, malia a lentitude con que está obrigado a actuar o organismo que dirixe: “Existe um natural nível de insatisfacción, porque queremos máis”.

Unha terceira razón debe procurarse na posición cultural e política dos moradores da Eurorrexión. Certamente, carecen aínda de estímulos fortes para compartir ideas e proxectos: as comunicacións, nomeadamente as ferroviarias, están a tardar moito, e o coñecemento mutuo a través dos mass media é fraco, pero a intensidade das relacións humanas non deixa de aumentar, no campo económico, comercial, educativo e profesional. Son as pontes (comercio, vías de comunicación) que Enrique Sáez Ponte entende como fundamentos básicos para impulsar as relacións entre Galicia e o norte de Portugal e crear no arco atlántico un “espazo ibérico” comercial, ao que engade a ponte da lingua, que cualifica como “a máis barata” de todas. Dado que as relacións institucionais dentro da Eurorrexión “son boas ou moito boas”, segundo asevera Cunha, é preciso “ter unha estratexia económica máis artellada” que converta o Fisterra nun lugar de atracción internacional. Deixar de ser periferia levaría da man o crecemento dunha identidade eurorrexional nas terras bañadas polo río Miño. Construír esa identidade a través dun nome como Galecia Magna é traballo do futuro, pero que de modo tentativo xa está a desenvolverse no presente. En Galicia, mudando de raíz os vellos estereotipos negativos que corrían sobre os portugueses e, no norte de Portugal, constatando a existencia dunha forte conciencia rexional, malia que a súa identidade política sexa bastante baixa. Isto explica que o norte de Portugal sufra “unha dificultade para afirmarse como unidade territorial con peso simbólico”, dotado dun relato identitario específico, como conclúe a análise xeográfica de Inés Gusmâo na súa tese de doutoramento (A valorizaçâo cultural e económica das identidades dos territórios: o caso de estudo do Norte de Portugal, USC, 2021). A idea dunha Galecia Magna podería ser máis ca un nome, no sentido de ser a expresión do que máis carece a Eurorrexión, que é ter “alma”, que é unha forma distinta de designar o que hoxe se chama identidade. Hai máis dunha década, no marco dun traballo colectivo (Unha eurorrexión entre dous séculos, Eixo Atlántico, 2010), xa foi evocada esta cuestión, relacionada expresamente coa lingua, en varios debates organizados para preparar os textos finalmente publicados. Pero moito antes, a escritora Agustina Bessa-Luís xa observara que, para entender a diversidade de terras e sabores, é preciso recoñecer que “a alma dos lugares não é superficial, é única e distante”. Para dar algúns pasos neste longo camiño é para o que foi pensado este Dossié. Agradezo á revista Grial esta oportunidade e aos colaboradores (Luis Domínguez, Inés Gusman, Enrique Sáez e António Cunha, entrevistado por Brais Suárez), a súa participación.

Artículos relacionados

  • GRIAL 244 (O.N.D. 2024) REPENSAR O HUMOR DE FERNANDEZ DE LA VEGA
    VARIOS
    Unhas letras para CilistroMARÍA XESÚS VÁZQUEZ LOBEIRASO conxunto de estudos que se abordan neste monográfico de GRIAL que pecha o ano, comprende traballos de persoas que nos dedicamos á filosofía universitaria e, con máis ou menos fortuna, tamén á tarefa de pensar, ben que con tan escasa coma non indesexable repercusión fóra das nosas aulas e das nosas vidas. Hai tamén un cuart...
    Dispoñible

    13,50 €

  • GRIAL 241(X.F.M.2024) LUISA VILLALTA A POETA DA CIDADE ALTA
    VARIOS
    OS OLLOS LIMPOS DA SIBILALuísa Villalta Gómez (A Coruña, 1957-2004), a quen a Real Academia Galega lle dedica neste 2024 o Día das Letras Galegas —co que se une á curta nómina de mulleres que foron homenaxeadas: Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021)—, foi unha intelectual completa e mult...
    Dispoñible

    13,50 €

  • GRIAL 238 (A.M.X.2023) 1963. O ANO DO PRODIXIO
    VARIOS
    Un triángulo para soster un país, por Francisco CastroEn 1963 comezaba a beatlemanía no mundo civilizado. Os anos 60 traíanlle unha nova esperanza ao mundo a través de novas estéticas, palabras urxentes (revolución, feminismo) e moito ruído e moitas melenas. O talo da liberdade medraba ceibo nun mundo que pasaba do branco e negro ao technicolor. Iso acontecía, insisto, no mundo...
    Dispoñible

    13,50 €

  • GRIAL 236 (O.N.D.2022)
    VARIOS
    A cultura galega ante os cambios educativos ...
    Dispoñible

    13,00 €

  • GRIAL 243 (X.A.S.2024) DO CAOS A CONCORDIA. O DESAFIO DA CONVIVENCIA
    VARIOS
    Dispoñible

    13,50 €

  • GRIAL 240 (O.N.D.2023) CIENCIA EN GALICIA NOS CEN ANOS DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS
    VARIOS
    Dispoñible

    13,50 €

Outros libros do autor

  • AXENDA GALAXIA 2025
    VARIOS
    Editorial Galaxia celebra o seu 75 aniversario poñendo á venda a AXENDA GALAXIA 2025, coa que conmemora o seu nacemento en 1950, e onde se dan conta de efemérides culturais, especialmente das relacionadas co proxecto da editorial, o que vén poñer en valor a súa traxectoria ao longo deste tempo. ...
    Dispoñible

    19,60 €

  • HACKEAMOS O PATRIARCADO. UNHA ANALISE DO MACHISMO DIXITAL
    VARIOS
    As desigualdades de xénero amplifícanse no mundo dixital, onde non hai barreiras temporais e xeográficas, nin, por tanto, refuxio. Nas redes sociais, a violencia contra as mulleres e as disidencias sexuais e identitarias multiplícase. Tamén a asistencia dixital, cada vez máis presente nas nosas vidas, está ateigada de estereotipos sexistas e de tolerancia á violencia de xénero....
    Dispoñible

    23,65 €

  • MUSICAS INTERROMPIDAS, AS. BALBOA, MACIAS, VIAÑO
    VARIOS
    Balboa, Macías e Viaño ocupan un lugar destacado na perspectiva da creación musical galega de finais do século XX. Con traxectorias diverxentes, abriron novos camiños e exerceron unha relevante influencia en toda unha xeración de músicos. Os tres comparten linguaxes musicais diversas que abranguen desde propostas abertamente rupturistas ata liñas continuístas, pero que coincide...
    Dispoñible

    19,30 €

  • PASADO ARRINCADO. LUGARES DE MEMORIA DEMOCRÁTICA EN GALICIA
    VARIOS
    Un espazo. Un recordo. Os lugares de memoria son por riba de todo espazos físicos, tanxibles, que se enchen de contido. Os artigos que compoñen este libro son unha escolma simbólica do traballo que aínda queda por facer no ámbito desta recuperación. Un Pasado arrincado que esquecemos, en parte porque faltan preguntas.O proxecto ten a vontade de mellorar o enfoque interpretativo...
    Dispoñible

    30,60 €

  • HISTORIAS DE BARBANTIA. 17 RELATOS DE AUTORAS E AUTORES DO BARBANZA
    VARIOS
    Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da “intelixencia natural” da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades “arredor de nós” ao longo do ano. E vai para vinte.Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír a súa prese...
    Dispoñible

    18,40 €

  • MULTIPLES CORES DA VIDA, AS
    VARIOS
    Máis de medio século despois das revoltas de Stonewall Inn (Nova York, 1969), os avances en relación á situación das persoas LGBTI son innegables en practicamente todas as sociedades que se consideran a si mesmas desenvolvidas, máis queda aínda moito por conseguir.Neste libro, coordinado por María Victoria Carrera Fernández e Nazaret Blanco Pardo, achéganse traballos onde se no...
    Dispoñible

    24,65 €