ILLAS REMOTAS (PREMIO GARCIA BARROS 2022)

ILLAS REMOTAS (PREMIO GARCIA BARROS 2022)

VIDAL PORTABALES, IGNACIO

18,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-9151-950-8
Páxinas:
216
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA
18,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

O tempo transcorre vagaroso nun xogo de espellos, máscaras e realidades posibles. As nenas Cata e Luci fuxindo dun pai brután vagabundean sen rumbo polas calellas de Bogotá. Moi lonxe desa existencia terrible, as irmás Catuxa e Lucía deambulan tamén entre as ruínas dos seus fracasos persoais e profesionais e tentan recompoñer a súa relación fraternal. Todas elas, as nenas, as mulleres, asómanse ao precipicio do futuro sen moitas esperanzas, mais unha herdanza cunha obriga inesperada pode vir mudalo todo. Como illas remotas, Galicia e Colombia semellan afastadas, mais os designios do azar, ou non tanto, e os elos invisibles dunha cadea de afectos quizabes rematen por unir estes mundos tan distantes.

Artículos relacionados

  • AGONIA DAS FOLERPAS, A (II PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2022)
    REBOIRAS LOUREIRO, OSCAR
    A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas.Unha noviña xornalista chega por casualidade ao lugar. O que en principio é un achado arqueolóxico, convértes...
    Dispoñible

    25,40 €

  • PUNTO DE ARAÑA (PREMIO GARCIA BARROS 2025)
    PALLARES VILAR, NEREA
    Premio García Barros 2025Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo.Fartas do egoísmo...
    Dispoñible

    16,90 €

  • BOCAS COSIDAS, AS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Xaneiro de 2010. O pai da autora conta que lle pediron saliva para identificar un seu curmán, soterrado nunha fosa común en Valencia. Guerrilleiro comunista, morto en 1947. Nunca lles falaran del; descoñecían a súa existencia. Sobre a guerra, as bocas estaban cosidas.A partir destes silencios, a novela reconstrúe a vida de Antonio G., seguindo os seus pasos na familia, “desbrid...
    Dispoñible

    23,40 €

  • FORA DE FOCO
    PATO, CRISTINA
    Marieta Carracedo é unha xornalista de Madrid que se obsesiona co traballo e coa vida da fotógrafa neoiorquina Basil Cancela, unha artista que no mellor momento da súa carreira resolve retirarse da vida pública e desfacerse da súa obra. Marieta desexa atopar as razóns que levaron a Basil a tomar unha decisión tan complexa e, polo camiño, emprende unha viaxe persoal que a leva a...
    Dispoñible

    17,30 €

  • EVA TOMANDO O SOL
    CASTRO, FRANCISCO
    Un famoso escritor retírase ao rural galego coa idea de rematar alí os seus días. O que non espera é que o amor, en toda a súa intensidade, co seu sexo desbordante, se lle apareza. Ao seu espírito e ao seu corpo. Unha novela que tamén se interroga sobre o sentido da literatura, dos libros e, no fondo, da vida, onde Francisco Castro fala de amor e de sexo cando somos vellos.Porq...
    Dispoñible

    16,80 €

  • SON COMA GLACIARES OS BARCOS DE ACEIRO
    MENENDEZ, CYNTHIA
    Son coma glaciares os barcos de aceiro é unha novela artesá, soldada con precisión liña a liña, palabra a palabra, como fan os traballadores coas chapas metálicas nas bancadas dos estaleiros.Unha carta de amor ao Vigo industrial e combatente, aos fillos e fillas do traballo e da dignidade, a través dos recordos dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sin...
    Dispoñible

    18,50 €