OTERO PEDRAYO, RAMON
O libro dos amigos é un gozoso conxunto de semblanzas no que Otero Pedrayo debuxa finamente os contornos sentimentais, intelectuais e humanos de figuras e personaxes, os amigos, que tanta significación tiveron na súa vida. Publicado por vez primeira en 1952, este fermoso canto á amizade é un dos títulos menores máis admirados do gran escritor ourensán.