MARTINEZ LOPEZ,
Desde que se produciu o pensamento de Otero Pedrayo hai nove anos, o Patronato que leva o seu nome ven propiciando con diversos actos o culto á súa memoria. Un deles é o que, en cada aniversario, se realiza en Trasalba, na Casa Grande de Cima da Vila, como homaxe á figura galega receptora do premio simbólico que leva a denominación do autor de Os camiños da vida. En ocasións anteriores outorgóuselles o galardón, polo seu labor cultural ao servicio de Galicia, a Xoaquín Lorenzo Fernández, a Isidro Parga Pondal, a Antonio Fraguas e Fraguas, e a Valentín Paz-Andrade. Na presente, é Ramón Martínez López a personalidade distinguida