VARIOS
A historia de Galicia é unha loita dramática pola sua máis elemental subsistencia. Nos eidos relixiosos tamén se viviron e viven estas angueiras persoalizadas, pero non cabe dúbida da que, desde o alborear do Vatican II, aló polo 1963 no que se inicióu a liturxia nas lingoas vernáculas, hastra os primeiros días de 1969, no que Roma aprobou a oficialización litúrxica do galego, librouse unha dura batalla na que andaba a xulgarse tamén o ser de Galicia.