VARIOS
A figura de Diego Xelmírez, con ser tan senlleira e mesmo única na historia de Galicia, goza dunha irregular fama. A súa executoria histórica reúne en si mesma, a partes iguais, tanto de grandeza como de maldición. Non deixou indiferente a ningún dos seus estudosos, pero tampouco os seus coetáneos inmediatos lle gardaron fidelidade. As súas cinzas fican en lugar ignoto e o seu recordo, na propia cidade que tanto engrandeceu, limítase a unha humilde rúa que levou durante moitos séculos o popular nome de «Rego de auga».