VARIOS
A Fundación Otero Pedrayo agasalla nesta XXXII edición do Premio Trasalba a literatura para os lectores/as máis novos e o compromiso dos docentes coa lingua. Na mellor tradición galeguista, Agustín Fernández Paz encarna talento e compromiso: un dos creadores máis celebrados dentro e fóra das nosas fronteiras, e toda unha vida dedicada á escola, concibida como ferramenta básica para transformar (mellorar) o mundo. Na casa da esperanza hai sitio para todos.