VARIOS
Recoñecemos a Antía Cal polo seu pulo vital, pola súa intelixencia e talento, pola súa obra, pola súa condición de muller consciente e activa, polo seu traballo como pedagoga nun tempo pouco doado para abrir camiños novos, pola súa capacidade de iniciativa, polo seu espírito de concialiación e o seu compromiso con Galicia...
O labor de moitos anos a fronte do centro que fundou e dirixiu, o colexio Rosalía Castro, na cidade de Vigo, foi unha experiencia pedagóxica que marcou a varias xeracións, alumnos e alumnas que non a esquecen e recoñecen a súa débeda con ela. Esta é a obra de Antía Cal: os seus alumnos e alumnas. Sementeira de futuro