VARIOS
A Fundación Otero Pedrayo recoñece en Camilo Nogueira unha traxectoria de compromiso cunha Galicia nova, ilusionada, a prol da construción de si mesma, dende a liberdade e sen dependencias; un espírito que recolle e continúa a arela que no seu día marcaron os fundadores das Irmandades da Fala e da Xeración Nós.
Tamén a súa afouta vocación europeísta. O discurso europeísta de Camilo Nogueira dende o nacionalismo galego adquire unha significación e unha relevancia especiais.
Dende Galicia, mais ollando o mundo con vocación de universalidade, Camilo Nogueira traballa por unha sociedade plenamente inserida no grande espazo común europeo.