VARIOS
Co premio Trasalba 2017, a Fundación Otero Pedrayo homenaxea a alguén que tivo unha estreita vinculación con Ramón Otero Pedrayo: Carlos Baliñas.
Unha relación que naceu nas aulas da vella Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela nos anos cincuenta; que continou despois nos lustros en que Otero foi, máis ca nunca, o señor de Trasalba, logo da súa xubilación como catedrático de Xeografía. Carlos Baliñas, o seu amigo e conselleiro, editor do Parladoiro e os Ensaios de don Ramón, nesa delicada edición das Obras selectas que Editorial Galaxia presentou nos anos setenta, é tamén o autor do mellor ensaio folosófico que se lle dedicou ao patriarca das nosas letras: Descubrindo a Otero Pedrayo, publicado en 1991