VARIOS
Esta catalogación do fondo antigo da biblioteca de Ramón Otero Pedrayo recolle unha parte do material bibliográfico que Otero Pedrayo reuniu e consultou en vida. Ordénanse neste catálogo 76 autores e 136 volumes: 9 do século XVI, 14 do século XVII e 113 do século XVIII. Inclúe aunhas Normas de préstamo de exemplares do fondo antigo para a súa exposición, coa idea de que sirvan de instrución para os interesados en dar a coñecer noutros ámbitos a biblioteca oteriana.