VARIOS
Cristina Pato é unha das nosas artistas con máis proxección internacional. Dende os escenarios de Nova York, dende as carballeiras de Ribadavia ás prazas de Buenos Aires, a luz pasa a través dela coma unha revelación, buscando mellorar en cada chanzo da esqueira.
Celebramos un ano máis o encontro de Trasalba, desta volta coa súa música, coa súa maneira de estar no mundo sen renunciar ao activo da identidade que nos representa.