GRIAL / GRIAL 250 (ABR.MAI.XUÑ.2026)

GRIAL 250 (ABR.MAI.XUÑ.2026)

GRIAL 250 (ABR.MAI.XUÑ.2026)

VARIOS

15,00 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2026
Materia
GRIAL
Páxinas:
168
Colección:
GRIAL
15,00 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Os medios de comunicación do país.
Pasado, presente e futuro do xornalismo en galego
GRIAL PARGA

O xornalismo en galego vive nun paradoxo constitutivo: é imprescindible xusto porque é fráxil. Sen medios propios, unha comunidade lingüística perde non só un servizo informativo, senón a capacidade de narrarse a si mesma, de construír axenda, de producir o relato do que lle pasa e do que quere ser. E con todo, os medios en lingua galega afrontan condicións estruturais que non teñen parangón con outros contextos lingüísticos comparables en Europa.
Este monográfico de GRIAL reúne catro voces que, desde posicións diferentes —a dirección dun medio, a xestión dun proxecto pioneiro en dixital, a análise ensaística do sector e a investigación histórica— ofrecen un retrato do ecosistema mediático galego no momento presente. Non é un retrato compracente, pero tampouco sen esperanza, e menos aínda sen memoria.
Os tres primeiros artigos comparten un diagnóstico sobre o presente. O sistema de axudas públicas aos medios en Galiza está deseñado, de facto, para beneficiar a prensa en castelán e relegar os medios integramente en galego a unha posición marxinal, tanto cuantitativa como estruturalmente. Mentres as comunidades con linguas propias do noso contorno
—Cataluña, Euskadi, o País Valencià, as Illes Balears— articularon políticas de apoio que recoñecen o valor dos medios na lingua propia como peza central da súa esfera pública, en Galiza os douscentos mil euros anuais destinados á prensa escrita integramente en galego contrastan dolorosamente cos case dous millóns distribuídos entre cabeceiras que apenas cumpren un mínimo simbólico de contidos no idioma propio.
María Obelleiro, directora editorial de Nós Diario e, durante catro anos, do xornal do mesmo nome, disecciona os mecanismos polos cales o poder político condiciona o ecosistema mediático galego e, con el, o tipo de xornalismo que chega á cidadanía: subvencións, convenios, publicidade institucional, compra de exemplares. A súa análise revela que a dependencia económica respecto das institucións non é neutra. Condiciona a axenda, domestica as redaccións e converte boa parte da prensa nun apéndice da comunicación institucional.
David Lombao, desde a experiencia cotiá de Praza.gal, ofrece o reverso dese espello. A historia dun proxecto que, nacido da convicción de que era posible facer xornalismo en galego de calidade sen someterse a esa lóxica, leva máis dunha década demostrándoo. O seu texto é ao mesmo tempo un balance honesto das limitacións dese modelo —a dificultade de construír estrutura profesional máis alá das redaccións, a dependencia aínda parcial da publicidade, os efectos dos algoritmos sobre os medios en linguas minorizadas— e un chamamento á responsabilidade compartida das institucións, das empresas privadas e da propia cidadanía.
Xosé Manuel Pereiro, con esa perspectiva de quen leva décadas observando o sector desde dentro e desde fóra, convoca ao inicio o pesimismo do contexto global —a crise do papel, o declive da lectura, o triunfo do entretemento sobre a información— para rematar afirmando, con provocadora obstinación, que eppur si pubblica. Os medios en galego seguen existindo, seguen medrando, e algúns dos mellores produtos informativos do país están escritos na lingua propia.
Xuntos, estes artigos non propoñen un único remedio, pero si coinciden en que o problema dos medios en galego non é un problema de audiencias nin de calidade, senón de estrutura, de vontade política e de decisión colectiva. Tamén individual. Decidir informarse en galego é, hoxe, tamén decidir que clase de esfera pública queremos. Este número de GRIAL aspira a contribuír a ese debate con rigor e coa convicción de que os medios en lingua galega non son un luxo identitario, senón unha necesidade democrática, como o foron desde o principio

Artigos relacionados

  • GRIAL 249 (XAN.FEB.MAR.2026)
    VARIOS
    Ramón Otero Pedrayo, unha homenaxe xusta. Patricia Arias Chachero. Xesús Alonso Montero dicía que Ramón Otero Pedrayo era un autor “oceánico”, e tiña razón. Cando faltan poucas semanas para que se conmemore o quincuaxésimo aniversario do seu pasamento, e hai meses que o Parlamento de Galicia declarou, por unanimidade, o 2026 como Ano Oteriano, continúan aparecendo documentos qu...
    Dispoñible

    15,00 €

  • GRIAL 248 (O.N.D.2025) COMUNICACION E NOVAS TECNOLOXIAS
    VARIOS
    "Esta revista recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura, a través da Dirección Xeral do Libro, do Comic e da Lectura" ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • GRIAL 247 (X.A.S.2025) IMPACTO SOCIAL DA CIENCIA E DA TECNOLOXIA. III FORO GRIAL
    VARIOS
    "Esta revista recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura, a través da Dirección Xeral do Libro, do Comic e da Lectura" ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • GRIAL 245 (X.F.M.2025) CULTURA, ARTES E IDENTIDADES. I FORO GRIAL
    VARIOS
    I Foro Grial. Cultura, artes e identidadesMaría López Sández // Agar LedoHai 75 anos, en 1950, botaba a andar Editorial Galaxia, acendendo unha luz na noite do franquismo para manter acesa a cultura en tempos hostís de persecución e sometemento. Transcorreron desde entón 75 anos onde Galaxia asistiu á fin da ditadura, ao comezo da democracia, á transición política e á aprobació...
    Dispoñible

    15,00 €

  • GRIAL 241(X.F.M.2024) LUISA VILLALTA A POETA DA CIDADE ALTA
    VARIOS
    OS OLLOS LIMPOS DA SIBILALuísa Villalta Gómez (A Coruña, 1957-2004), a quen a Real Academia Galega lle dedica neste 2024 o Día das Letras Galegas —co que se une á curta nómina de mulleres que foron homenaxeadas: Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021)—, foi unha intelectual completa e mult...
    Dispoñible

    13,50 €

  • GRIAL 244 (O.N.D. 2024) REPENSAR O HUMOR DE FERNANDEZ DE LA VEGA
    VARIOS
    Unhas letras para CilistroMARÍA XESÚS VÁZQUEZ LOBEIRASO conxunto de estudos que se abordan neste monográfico de GRIAL que pecha o ano, comprende traballos de persoas que nos dedicamos á filosofía universitaria e, con máis ou menos fortuna, tamén á tarefa de pensar, ben que con tan escasa coma non indesexable repercusión fóra das nosas aulas e das nosas vidas. Hai tamén un cuart...
    Dispoñible

    13,50 €

Outros libros do autor

  • OSMO CONCELLO DE CENLLE. ESTUDO PARA A INTERVENCION NO MEDIO RURAL
    VARIOS
    ESTUDO PARA A INTERVENCIÓN NO MEDIO RURAL. A través destas páxinas, un prestixiosogrupo de arquitectos analiza a estructura dos casais, o manexo tradicional da auga e a relación histórica entre os asentamentos e a paisaxe do Ribeiro. o obxectivo é claro e ambicioso: que a intervención en Osmo se converta nun modelo de referencia para os sucesivos plnas de dinamización que dese...
    Dispoñible

    35,36 €

  • CULTURA IMPRESA: MATERIALIDADES, PARADIGMAS E RETOS EPISTÉMICOS
    VARIOS
    Velaquí recollidos, a modo de monografía, os textos presentados no XXIVSimposio do Instituto da Lingua Galega, CUltura impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos, título que este volume fai propio e que atende a un fenómeno rechamante, que foi agromando paseniño nestas últimas décadas. Estámonos a refereir á puxante emerxencia dun campo de estudos sobre a cultura i...
    Dispoñible

    20,00 €

  • TUI 1900-1936
    VARIOS
    A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou “peineta” que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron ...
    Dispoñible

    26,00 €

  • ARREDOR DO XACOBEO. DISCURSO DAS ACADEMICAS E ACADEMICOS NUMERARIOS DA ACADEMIA XACOBEA 2016-2024
    VARIOS
    A Academia Xacobea nace no ano 2017 incorporando académicos e académicas de distintas universidades de Galicia, do resto de España e de Europa. Promovemos a súa creación oito persoas coñecedoras do Camiño de Santiago e da súa importancia histórica na construción europea, conscientes da necesidade de contar cunha institución independente, de dereito público e sen ánimo de lucro,...
    Dispoñible

    32,80 €

  • DA FALA AO PRELO (ANEXOS BRAG 12)
    VARIOS
    Agora que a Real Academia Galega cumpre 120 anos de vida é unha boa ocasión para darmos a coñecer parte do valioso material bobliográfico que se conserva na nosa institución, presentando un catálogo alfabético dos libros e dos folletos existentes na Biblioteca da Academia que foron publicados entre os anos 1800 e 1936 e que conteñen textos escritos en galelo ou ben que tratan d...
    Dispoñible

    18,00 €

  • 8 ENSAIOS SOBRE ROSALIA
    VARIOS
    Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito  innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego, e por extensión, tamén da súa sociedade, grazas a Biblioteca 75 anos. O novo volume desta colección, recupera os 7 ensaios sobre Rosalía, p...
    Dispoñible

    23,00 €