VARIOS
John Rutherford, Inglés de berce e galego de adopción, é a proba viva de que, en cuestións de identidade, sempre é mellor sumar que restar.
A súa vida e a súa obra son un exemplo práctico de como é posible concibir un galeguismo en diálogo permanente con outras culturas, que atopa nese diálogo a confirmación da súa singularidade.