VARIOS
O Festival Kerouac é, indiscutiblemente, un dos eventos de poesía urbana máis importantes de todos cantos se celebran en España. Naceu en Vigo pero nos seus anos de historia chegou xa a Nova York e a cogregar poetas dos cinco continentes, e que agora concentramos coma mostra de poesía de vangarda neste século XXI que aos poucos, esperta axitado por tambores de inconformismo. Unha concentración lírica desmitificadora, moderna, onde os versos son ceodós e as rimas, cando as hai, lategazos. unha presa de voces congregadas arredor dun chamado, o do Festival Kerouac, que cada año medra tanto que, agora, xa é libro.