VARIOS
Un conto moi vello fala dunha panadeira a quen lle preguntaron unha vez que por que escollera esa profesión e non outra. Dixo que adoraba comer pan, escollera esa profesión e non outra. Dixo que adoraba comer pan, como rescendía cando saía do forno, a textura e a súa temperatura, sobre todo cando aínda estaba quente e había que pasalo dunha man a outra para non queimar. Namorada do pan, entendeu que dedicaría a súa vida a facelo e vendelo entre os seus veciños. Era pandeira. Nin máis nin menos. Comía e facía pan.