VARIOS
Igual que a lingua constitúe un patrimonio espiritual, a paisaxe concíbese nestas páxinas coma un patrimonio material, produto da cultura dos pobos, "ben de interese cultural", segundo explica no limiar o arquitecto Iago Seara. A Biblioteca de Estudos Oterianos recupera un documento histórico e, ao mesmo tempo, reivindica diante dos lectores a ollada dunha xeración que, inspirada na Xeración Nós e debdora da trdición romántica, enxerga o mundo dende unha perspectiva distinta que, co paso do tempo, chega ata n´ps cargada de modernidade.
Paisaxe como cultura, creación do ser humano que modela a natureza e a enche de significación. Paisaxe como herdanza que se transmite e patrimonio que se recibe, do que nos sentimos responsables. Paisaxe como identidade e como riqueza, activo dos novos tempos, "tapiz da vida", en palabras se Otero Pedrayo, sombra ou mirada que nos contempla e na que nos contemplamos (e nos recoñecemos), marca de identidade. Poucos textos hai de tanta actualidade coma os que aquí ofrecemos.