VARIOS
A impresionante produción académica de Ramón Lorenzo non se pode explicar por puro prurito científico. Lorenzo insírese na gloriosa tradición europea, que remonta polo menos ata o Renacemento, dos filólogos patriotas, grandes eruditos e apaixonados apoloxetas da lingua do seu pobo da súa nación.
En todo o que Ramón Lorenzo fai latexa un gran, leal e xeneroso corazón galeguista decote ao roxo vivo.