VARIOS
Un percorrido pola obra e a biografía dunha das personalidades sobranceiras da moderna historiografía de Galicia. Investigador que, sen renunciar cando procede, á divulgación, centrouse principalmente na Hisotria Contemporánea: ese tempo que vai dende a Ilustración aos nosos días, con atención especial ao século XIX, período de convulsións e, ao mesmo tempo, de profundas mudanzas, tamén novos ideais na construción da Galicia moderna: a Galicia que explica o tempo que arestora vivimos