LOPEZ BOULLON, XOSE RAMON
A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia. O punto de partida son os núcleos de poboación establecidos no Nomenclátor publicado pola Xunta de Galicia en 2003, e mais os princiapais accidentes xeográficos ou lugares característicos da zona (ríos, montes, pontes...). Coñecer a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, onde naceron os nosos devanceiros e que acollerán os nosos fillos, faranos máis concientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade e como pobo e tamén como individuo, pois todos temos a nosa propia vinculación sentimental cos nosos lugares.