PEREZ BARCALA, GERARDO
A tradución galega do Liber de medcina equorum de Giordano Rufo Pouco despois da morte de Federico II de Sicilia en 1250, quen fora miles in marestalla da corte, Giordano Ruffo a Calabria, escribe en latín un manual de veterinaria coñecido co título De medicina equorum desde a edición Girolamo Molin. A obra tivo unha ampla difusión en latín e tamén en romance, pois axiña foi traducida ao siciliano, ao provenzal, ao italiano, ao catalán ou ao francés, e foi readaptada polo Mestre Giraldo por encargo de Don Denis no ano 1318.