VARIOS
Dúas décadas despois da desfeita cultural e política provocada pola Guerra Civil, as primeiras asociacións culturais fundadas nas cidades e nas vilas de Galicia foron capaces de dar pasos pioneiros e determinantes para a defensa e a promoción dos valores culturais do pobo galego, anunciado o que habería de ser o programa cultural desenvolto polo sistema autonómico constituído a partir da transición democrática. Para o rescate daqueles valores, nun contexto histórico difícil que Celso Emilio alcumaría como unha «longa noite de pedra», foron necesarias moitas vontades e moitos esforzos xenerosos e solidarios daqueles que pensaron que era a hora de contruír as bases dun programa cultural de noso para a Galicia do futuro.