VARIOS
O tempo é un río que nos leva e que nos continúa a todos. A casa común constrúese botando placas sucesivas, levantando esteos que os pais afincan para que termen dos fillos. O discurso de Xosé Manuel Beiras, profesor, pollítico pensador, escritor, fundaméntase nesa tradición, que vén dos Ilustrados, aséntase no rexurdimiento, pasa polas Irmandades da fala e pola Xeración Nós (a algúns de cuxos componentes tivo a honra de tratar e coñecer ben), polo grupo Galaxia e a palabra de Ramón Piñeiro, o pulo de Xaime Isla (Revista de Economía de Galicia), o entusiasmo operativo de Fernández del riego, o pensamento de Robert Lafont, o marxismo de liberación nacional, o compromiso organizado de transición política, a batalla democrática da autonomía e do autogoberno, e que chega a nós, afervoado e activo, ás veces tamén heterodoxo, coma "un volcán de enerxía", en palabras de Xosé María Álvarez Cáccamo.