LOPO, MARIA
María Victoria Casares Pérez naceu fronte ao mar da Coruña en 1922. As guerras e os exilios conducírona a Francia, onde se converteu en Maria Casarés, unha das grandes actrices europeas do século XX. O tempo das mareas percorre a súa vida dende unha óptica galaica, achegando datos e materiais inéditos sobre a infancia coruñesa, a adolescencia madrileña, a xuventude exiliada e a madurez plena dunha das personalidades culturais máis interesantes e descoñecidas da Galicia contemporánea.