VARIOS
No ano 2000 o Consello da Cultura Galega decidiu abordar un proxecto de avaliación das políticas lingüísticas galegas durante o período autonómico, dirixido por Henrique Monteagudo e o recentemente desaparecido Xan Bouzada. Daquela frutífera colboración xurdiron tres volumes dentro do que se deu en chamar O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). O presente traballo completa as publicacións do proxecto, aínda que o período estudo é máis amplo. Os resultados pretenden introducir claridade nun espazo que foi tradiocionalmente moi polémico para a militancia lingüística, os responsables políticos, así como para os produtores, editores, profesionais e, en xeral, para todos os actores do ámbito.