VARIOS
O sete de setembro de 1960, a nena Silvia Santiago Conde facía a primeira comuñón na Coruña e seu pai, o escritor e empresario Silvio Santiago, autor de Vilardevós e de O silencio redimido, convocou amigos, poetas e escritores galegos a participaren nunha Ofrenda Lírica en forma de libro e celebraren, así, o acontecemento. Responderon á chamada dezasete autores de primeiro nivel pertencentes a varias xeracións, o que nos dá idea do aprecio que por Silvio sentían neses ambientes