VARIOS
Reúnense neste volume os textos presentados e debatidos no marco do simposio Os exilioa ibéricos en Clave Comparada, que co gallo do 70 aniversario da fundación en Montevideo do Consello de Galiza foi realizado en Santiago de Compostela os días 14 e 15 de novembro de 2014, coorganizado polo Consello da Cultura Galega e o Grupo de Investigación da USC Historia Política e dos Nacionalismos (HISPONA). O conxunto de experiencias aquí reflectidas, de estudos de casos e de reflexións conceptuais que se ofrecen ao público lector, por parte de salientados especialistas europeos e latinoamericanos, constitúen en achegamento orixinal, calidoscópico e cheo de suxestións teóricas e metodolóxicos, que sen dúbida han arrequecer o debate internacional, fieis á fórmula de enxergar a historia de Galiza como unha célula de universalidade, e a historia do exilio galego como un laboratorio acaído para o tratamento e cuestións máis amplas, que se remiten ás novas olladas historiográficas sobre os exilios e as migracións