VARIOS
Este volume reúne dezaseis artigos orixinais sobre diferentes aspectos da lingua e da comunicación oral, encargados expresamente a especialistas neste campo: análise do discurso oral, a función estética da lingua oral nos medios de comunicación, a adquisición da lingua e aprendizaxe da expresión oral, o uso da voz na comunicación e uso de recursos non verbais, tecnoloxías da fala e a elaboración e etiquetaxe de córpora orais.
Estas contribucións mostran o estado da cuestión e as direccións cara ás que se está a encamiñar a investigación, polo que, ademais de representaren unha posta ao día, apuntan tamés os camiños de futuro para os novos investigadores que se achegan ao galego.